Thursday 02 de May de 2024

O concello de Riveira homenaxeará ás presidentas de asociacións no Día Internacional da Muller Traballadora


Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Riveira vai homenaxear este domingo 8 de marzo ás presidentas (antigas e presentes) das asociacións do municipio.

O Concello pensou en render este tributo en honor ao labor desinteresado destas mulleres, en aras ao progreso social, cultural e educativo do noso pobo dende as máis diversas facetas.

O acto desenvolverase ás 17.30 horas no Auditorio Municipal e comprenderá tamén un espectáculo de maxia antes do momento das homenaxes.

Tributo póstumo
No transcurso do evento realizarase un tributo especial a título póstumo a dúas loitadoras que recentemente nos acaban de deixar: quen foi presidenta do Club de Xubilados de Riveira, Manola Romero, e presidenta da Asociación Española de Loita contra o Cancro en Riveira, Ana Sampedro.

Se algunha presidenta ou expresidenta reparase en que dende a Concellería de Igualdade non se lle convidou, o Concello agradece que mañá se puxese en contacto co CIM (981 874 131 ou cim@riveira.com) no caso de que quixese participar neste acto de homenaxe.